IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE AUGASMESTAS

Relixioso
541
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Augas Mestas (Santiago)

27320  Quiroga - Lugo

Descrición

Esta igrexa foi construída na súa maioría no século XVII, edificio de humildes dimensións e características. Ten unha nave central cuberta a dúas augas e unha capela maior con estrutura de madeira. Na fachada observamos como se levanta unha humilde espadana de dous vans. No interior destaca o arco de medio punto que da paso ao presbiterio e que recorda a un pasado románico, logo vemos un retablo maior de finais do século XVIII de factura barroca coas esculturas de Santiago Apóstolo (a cabalo) San Pedro e o Anxo da Garda, esta igrexa tamén posúe un retablo lateral de estilo neoclásico. A igrexa estivo adscrita antigamente a encomenda de San Xoán e logo ao de Barxa de Lor.

Acceso

Dende Quiroga temos que coller a N-120 en dirección Monforte e logo deternos despois da ponte, antes de chegar a poboación de As Covas, no cruce xiramos de cara a dereita por unha estrada que se mete debaixo da ponte e nos permite chegar a Augasmestas.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Barroco
Arriba