CRUCEIRO-ESMOLEIRO DE CASAS NOVAS

Etnográfico
237
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Mourente (Santa María)

Lugar: Casas Novas

36168  Pontevedra - Pontevedra

Descrición

Cruceiro de pedra policromada perfectamente conservado. Na casa inmediata, existe un soldado, tamén de pedra, con fusil e baioneta montando garda permanente e, xusto debaixo da figura, hai un pequeno caixón de esmolas de cores, aínda que na actualidade está inservible por faltarlle a tapa. Sobre unha base prismática, cos lados superiores biselados, levántase o fuste cilíndrico que mostra, por diante, unha serpe ao lado dunha caveira sobre tibias. Capitel decorado con catro cabezas de anxos e follas dispostas en dúas alturas. Cruz rectangular, con vultos que simulan nós, cun Cristo crucificado. Acompáñao un San Francisco que a acerca de xeonllos á súa cintura. Polo reverso aparece a imaxe de María co Neno no regazo, sobre unha peaña con tres cabezas de anxos. Outros dous anxos, apoiados nos brazos da cruz, sosteñen a coroa da Virxe.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!