CRUCEIRO-ESMOLEIRO DE SANTA MARÍA DE MOURENTE

Etnográfico
603
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Mourente (Santa María)

Lugar: Mourente

36168  Pontevedra - Pontevedra

Descrición

Cruceiro de pedra sobre tres chanzos, onde aparece o peto, mostrando o oco das esmolas por un lado, e polo outro unha inscrición. O fuste, octogonal, coróase por un capitel ben traballado, con colariño inferior, follas, tres cabezas de anxos e unha caveira. O Cristo, deforme, ten a cabeza afundida entre os ombros. Na parte traseira atopa unha Virxe Dolorosa de pé, cuberta por un manto que lle cobre todo o corpo, coas mans cruzadas sobre o peito. O corazón, exterior, áchase atravesado por sete espadas.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!