PONTE DE BRANDOMIL

Civil
4237

Localización

Parroquia: Brandomil (San Pedro)

Lugar: Brandomil

15850  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 00' 29.0" N - 8º 55' 17.9" W

Descrición

Ponte situada sobre a canle do río Xallas, que formaba parte do antigo camiño de Santiago a Fisterra antes de ser relevado por unha ponte de formigón nos anos 40 do século XX. Por Brandomil pasaban os peregrinos que desembarcaban nos portos de Muxía e de Fisterra en dirección a Santiago. Posúe catro arcos de cadeirado, tres deles da mesma luz, 8.20 metros, e o outro, nun extremo da ponte de menor luz, 4.30 metros. As pilas, con tamajares que soben ata a coroación, teñen grande espesor, en torno aos 3 metros. O ancho da calzada é de 2.75 metros. As dúas bóvedas da marxe dereita teñen dobre rosca. Tanto as bóvedas como os tímpanos e os peitorís son de cadeirado. Polas súas características construtivas e formais pódese situar a data de construción desta ponte o o século XVII (posiblemente), aínda que se sabe que existiu outro anterior neste lugar. A pesar de que conserva a súa forma primitiva, necesita un coidado de conservación xa que está abandonado e tan só se emprega para o tránsito local.

Acceso

Dende Zas collemos a estrada cara a Castro. Ao chegar ao primeiro cruzamento desviámonos á esquerda. No cruzamento de Castro collemos de novo á esquerda cara a San Adrián de Castro por onde seguiremos ata Fonte Espiño, onde unha vez máis tomaremos o cruzamento cara á esquerda. Seguindo recto chegaremos á Lc-441 na que xiramos á nosa man esquerda e chegaremos a Brandomil. Cruzando o río pola nova vía veremos a ponte a man dereita.
Arriba