PONTE DE GARCÍA RODRÍGUEZ

Civil
792

Localización

Parroquia: As Pontes de García Rodríguez (Santa María)

Lugar: As Pontes de García Rodríguez

Rúa Tras da Ponte

15320  As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 26' 39.9" N - 7º 51' 05.0" W

Descrición

A coñecida popularmente como "a ponte vella" ou "a ponte dos ferros" foi mandada construír por García Rodríguez de Valcárcel -neto de Nuño Freire de Andrade- no s. XV, sendo señor das terras de As Pontes, pois no ano 1376 Enrique II concede a este as terras pontesas en agradecemento á axuda prestada na guerra contra Pedro "o Cruel". Dende aquela a vila coñécese como As Pontes de García Rodríguez. Sitúase sobre o río Eume, preto da ponte de Isabel II e da moderna ponte de Perfolla. Presenta non moi grandes dimensións e dous arcos de diferente tipo, separados por un ancho piar do que sobresae unha parte triangular augas arriba. Os muros son de cachotería luosenta e cadeirado de granito que enmarca os dous arcos de diferente tamaño e estilo: o arco esquerdo presenta un estilo gótico e é de maior tamaño (duns 9 m. de luz), e o arco dereito é de medio punto e máis pequeno (de 6 m. de luz), por ser adaptado nun arranxo que sufriu a principios de o s. XIX. O cambio de material en ambos os dous arcos así indícao. Finalmente, está pechado por unha sinxela varanda de ferro forxado.

Acceso

Está no núcleo urbano.
Arriba
Axúdanos a mellorar!