PONTE DO CHAMOSELO

Civil
220

Localización

Parroquia: As Pontes de García Rodríguez (Santa María)

Lugar: As Pontes de García Rodríguez

Rúa Via Romana

15320  As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 26' 38.4" N - 7º 50' 58.2" W

Descrición

Coñecida tamén como "a ponte romana", é de época medieval (s. XIV - XV), pero moitos autores cren que este nome se debe a que preto do lugar había unha ponte romana pola que pasaba unha vía secundaria romana, que unía a capital xurídica de Lugo co mar. Iso próbano diferentes restos romanos achados nos arrabaldes do próximo barrio de Chamoselo. Sitúase sobre o río Chamoselo, importante afluente do Eume, e é de construción xenuinamente medieval (aínda que algúns autores afirman que é romana, do s. II), cun muro compacto de cachotaría luosenta e arco semicircular duns 3 m. de radio formado por grandes perpiaños. Presenta unha calzada estreita e empinada e un peche superior de cachotería. Interesa resaltar a proximidade de varios carballos centenarios, especialmente o máis próximo á ponte, que ten un grande oco no tronco e onde di a tradición durmía e se refuxiaba un fuxitivo chamado Xaquín dás Herbas, perseguido polas tropas franquistas. Ponte recentemente restaurada.

Acceso

Está no núcleo urbano.
Arriba