PONTE DA FERRARÍA

Civil
1073

Localización

Parroquia: Naraío (Santa María)

Lugar: A Ferraría

15576  San Sadurniño - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 51.9" N - 8º 04' 53.9" W

Descrición

Ponte con trazos de carácter medieval, de estilo gótico, situada sobre o río Castro e nas inmediacións do Castelo de Naraío. Posúe estreita relación coa Casa dos Andrade (señores feudais da bisbarra), que adoitaban colocar os seus emblemas  -o oso e o xabaril- en cada extremo das pontes que levantaban. Neste caso consérvase só un, que foi rescatado do fondo do río.

Acceso

Dende a capital municipal, diríxase cara ao oeste pola AC-862, dirección Ferrol, no km 4 tomar o desvío á esquerda pola estrada de Naraío, pasados 2,5 km atopa a igrexa parroquial de Naraío, continuar pola segunda estrada á esquerda e a 500 m se atopa a ponte.
Arriba
Axúdanos a mellorar!