PAZO DE LOURIZÁN

Civil
991
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lourizán (Santo André)

Lugar: Agrovello

36153  Pontevedra - Pontevedra

Coordenadas:
42º 24' 33.5" N - 8º 39' 52.3" W

Descrición

Edificio de construción modernista de grandes dimensións. Posúe unha cuberta de lousa, combinando cúpulas con mansardas (de estilo francés). Destacan as enormes ventás así como a súa profusa decoración ornamental. Este Pazo foi propiedade de Montero Ríos (1832-1914), presidente do Goberno, convertendo este lugar nun importante foro de cuestións políticas. Na actualidade, o Pazo converteuse na Sede de Estudos de Investigacións Agrónomas e Forestais, o que deu lugar a que a finca se convertera nun importante mostreiro de especies forestais. Destaca o xardín botánico con especies de todo o mundo. O interior do pazo non é visitable.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Arriba