PAZO DE SANDREZO O CAAMAÑO

Civil
1160
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cespón (San Vicenzo)

Lugar: Vilariño

15930  Boiro - A Coruña

Coordenadas:
42º 40' 19.9" N - 8º 52' 12.9" W

Descrición

Pazo vinculado á casa dos Caamaño e Patiños. Ten planta en forma de L. Na fachada destacan dúas galerías e os escudos dos Reino, Caamaño, Lamas e Romero da Costa. Dispón dunha capela de 1690, de dous corpos, con porta enmarcada por un arco de medio punto. O conxunto complétase cun cruceiro, hórreo e unha "eira" lousada en pedra.
Unha das reformas substituíu a torre por teitume.
O pazo é de proviedade privada.


Acceso

Dende Boiro, tómase a AC-305 en dirección a Padrón. Na parroquia de Cespón, á altura do lugar de Vilariño, cóllese o desvío á esquerda, hai un indicador a Sandrenzo. Á entrada de Sandrenzo e a man dereita aparece o pazo.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!