PAZO DA MARQUESA

Civil
1148

Localización

Parroquia: San Sadurniño (Santa María)

Lugar: O Casal 16

15560  San Sadurniño - A Coruña

Coordenadas:
43º 31' 53.9" N - 8º 04' 16.9" W

Descrición

Pazo, sen estilo definido, vinculado antigamente á Casa do Marquesado de San Sadurniño. Mostra un interesante corpo de planta cuadrangular, conservado da fábrica orixinal, e unha torre ameada con dous escudos nas esquinas, asociados aos Andrade e Castro de Lemos (señores medievais da bisbarra). No interior, destaca un fermoso claustro con columnas, galería acristalada de finais do século XIX e decoración con azulexos. No exterior, os muros de cachotería revogada altérnanse cos esquinais e contornos de vans con magníficas pezas xeométricas de toelo ou serpentinta, pedra típica da comarca. Sufriu transformacións nos anos 60 do séc. XX,  debido ao seu uso como escola-fogar por parte da congregación relixiosa das Fillas de Cristo Rei. En 2010 o Concello logrou a cesión da súa propiedade e realizou unha rehabilitación integral para o converter na actual Casa Consistorial.

Acceso

Delimitado na súa fronte pola estrada Ferrol-Ortigueira (AC-862). Está no núcleo urbano de San Sadurniño.
Arriba
Axúdanos a mellorar!