PUNTA DE MERA I

Civil
3626

Localización

Parroquia: Serantes (San Xián)

Lugar: Mera

15177  Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 23' 00.4" N - 8º 21' 16.4" W

Descrición

Pequeno faro de planta circular, situado nun punto estratéxico para divisar as entradas de diversas rías (A Coruña, Ares e Betanzos). No exterior obsérvase outro faro máis e a antiga casa do fareiro, hoxe rehabilitada como Aula do Mar Centro de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo - Serantes. Existen paneis explicativos sobre o faro dentro da Aula do Mar. Este faro está realizado en formigón e remata nun enreixado de pedra. A fachada recebada e pintada de branco. Na parte superior sitúase a lanterna. Mera é unha importante vila turística con praias resgardadas e augas tranquilas.
Propiedade pública non visitable.

Acceso

Dende Oleiros tómase a estrada hacia Mera. Ó pasar a praia, á man esquerda hai un desvío que conduce hacia a punta onde se atopa o faro.
Arriba
Axúdanos a mellorar!