CABO TOURIÑÁN

Civil
8132
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Touriñán (San Martiño)

Lugar: Touriñán

15124  Muxía - A Coruña

Coordenadas:
43º 03' 11.3" N - 9º 17' 52.5" W

Descrición

Situado no cabo do mesmo nome, este faro potente e enérxico alerta constantemente da perigosidade do Atlántico e resiste os temporais da Costa da Morte. Trátase do segundo cabo máis occidental de Galicia e localízase sobre un brazo de terra que se adentra no Atlántico hacia o fin do mundo, conseguindo a máxima lonxitude occidental de Galicia con 9º 18´ 189´´ ó Oeste de Greenwich, sendo mínimamente superado polo "Cabo da Nave" en Fisterra, e o "Cabo da Roca" en Portugal con 9º 29´ 50´´. Frente a esta occidentalísima punta europea localízase o espectacular pasillo outonal, de setembro a novembro, dos pasos migratorios de numerosas especies. Os constantes ventos de Touriñán convirten a esta xa de por si salvaxe costa, nun paraxe áspero e inhóspito, silenciosa testemuña de incontables e tráxicos naufraxios. Sen dúbida un dos aspectos que máis impresiona do lugar é a súa altura así como a fereza coa que o mar bate contra o acantilado. No verán, e coincidindo coa marea baixa pódese contemplar a labor dos "percebeiros" que arriscan as súas vidas en busca do preciado marisco.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!