SANTA MARÍA DE MONFERO

Relixioso
1999

Localización

Parroquia: San Fiz de Monfero (San Fiz)

Lugar: O Convento

15619  Monfero - A Coruña

Coordenadas:
43º 20' 25.9" N - 8º 02' 11.9" W

Descrición

Cenobio cisterciense, composto por Igrexa, sala capitular, capelas laterais, baptisterio, tres claustros: O de Hospedería, Procesional e Dormitorio, Refectorio e cociña, fundado polo rei Alfonso VII a principios do século XII, renovado completamente no XVII, polo que predomina o estilo barroco. No interior consta dunha Igrexa con planta de cruz latina, cunha soa nave de grandes dimensións sobre a que se abre unha espectacular cúpula octogonal, de influencias italianas. Na cabeceira hai unha grande capela maior, rectangular, con deambulatorio, enmarcado por dúas capelas rectangulares de escasa profundidade. Destaca a cúpula-cimborrio octogonal con ventás no tambor e a grande bóveda de canón casetonada. No exterior, muros con grandes pezas graníticas. Riqueza volumétrica, con distintos corpos anexionados ao central. Orixinal fachada principal con decoración de ajedrezado mediante perpiaños de granito e lousa, enmarcados por catro  pilastras e columnas de orde corintia, decoradas por tríglifos e métopas, elevadas ata a cornixa, sobre a que se alza unha impoñente torre-campanario (a outra non existe, derrubouse a causa dun raio). No altar maior, sepulcros góticos do s.XV, de granito, da familia dos Andrade (señores medievais), co xabaril, emblema da liñaxe. Retablo pétreo de estilo barroco adicado á Virxe da Cela. Tres claustros, o mellor conservado é o claustro procesional, de estilo renacentista con bóveda estrelada e fonte barroca no centro do patio; consérvase parte do claustro da portería e do claustro oriental ou dormitorio, en cachotaría (moi deteriorado). O conxunto conserva os muros exteriores, muralla perimetral, fonte interior e outra fonte exterior; o resto das dependencias están derruídas. 

Acceso

Dende a capital municipal, na estrada AC-151, dende As Travesas, coller o desvío que indica Mosteiro de Monfero 2,5 Km.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Estilos

Barroco
Románico

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Cistercienses
Benedictinos

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba