IGREXA DE XIÁN DE ALMEIRAS

Relixioso
463
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Almeiras (San Xián)

Rúa San Xiao 4

15180  Culleredo - A Coruña

Coordenadas:
43º 18' 28.8" N - 8º 22' 00.5" W

Descrición

Situada a carón do trazado do Camiño Inglés, a igrexa de San Xián de Almeiras atópase nun outeiro desde o que se domina a desembocadura do río Mero na ría do Burgo. Aínda que existen referencias dunha igrexa anterior, a actual foi construída no s.XIX e reedificada na primeira metade do s.XX tras ser arrasada por un incendio en 1936. A edificación segue formulacións modernas na procura da funcionalidade, pero a súa estética atópase ancorada nun certo clasicismo como evidencia a súa fachada.

Acceso

Dende a Casa do Concello, avanzamos pola rúa Liñares ata atopar coa N-550 en Alvedro. Continuamos en dirección A Coruña e a escasos metros desviámonos á dereita pola rúa das Catas, rúa Choeira e rúa de San Xiao ata atopar na man dereita a igrexa de San Xián.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!