IGREXA DE SANTA MARÍA DE RÚA

Relixioso
164

Localización

Parroquia: Rúa (Santa María)

Lugar: A Ruela

27889  Cervo - Lugo

Coordenadas:
43º 36' 57.4" N - 7º 24' 59.4" W

Descrición

En Rúa atopamos a súa igrexa nun outeiro central do val que foi un castro; ao carón dun castiñeiro centenario atopamos a arquitectura simple e barroca do seu templo. No seu interior garda a súa maior beleza, un retablo de estilo Rococó cunha fermosa policromía e de fins do século XVIII; a Candelaria, porta orgullosa o seu Neno no colo, rodeada dun San Miguel de finísima talla, ameazante a un demo negro. A Virxe do Rosario ofrece agarimosa ese remedio; e nos altares laterais, un do século XVI e outro do XVIII, con santos con devoción entre as súas xentes. No lateral, contra o cemiterio, unha porta renacentista recentemente descuberta.
Destacar a magnífica talla do San Miguel que se atopa na parte esquerda do altar maior e a María Magdalena do altar lateral da dereita.

Acceso

Dende Cervo, debemos pasar polas parroquias de Sargadelos e de San Román de Vilaestrofe. Unha vez chegamos a San Román continuamos ata atopar unha pequena rotonda con 2 direccións (esquerda para ir para Burela ou dereita para ir a Rúa). Collemos cara a dereita e continuamos uns 6 km sen desviarnos ata chegar ao campo de fútbol de Rúa. Dende aí seguimos recto dirección Ferreira (1,5 Km) para, no núcleo de casas, desviarnos 2 veces seguidas cara a dereita para chegar a unha explanada onde nos atopamos ca Igrexa.

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!