CAPELA DE SAN ANDRÉS

Relixioso
553

Localización

Parroquia: Lieiro (Santa María)

Lugar: San Cibrao

Rúa Hospital 1

27890  Cervo - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 44.1" N - 7º 26' 26.5" W

Descrición

Esta capela, situada no Porto de Abaixo, foi encargada polo presbítero D. Andrés Varela. Un eclesiástico que fundou, o 8 de xaneiro de 1641, o Hospital de San Andrés para hospedar aos peregrinos pobres, para dotar rapazas casadeiras e axudar a estudantes pobres. Este inmoble dispoñía, ademais da capela, dunha casa-hospital.
A referida capela serviu de templo parroquial na segunda metade do século XIX. Detrás da mesa do altar pódese ver unha lápida na que está gravado o nome do fundador e a data. Nesta capela podemos contemplar as imaxes da Virxe do Rosario e de San Sebastián, esta última do s. XVIII. Do mesmo século atopamos no altar maior unha imaxe de San Andrés. Sen esquecer as imaxes do Sagrado Corazón de Xesús e a Virxe do Carme.
O Pai Eterno, con tres coroas e crucifixo, está datado no s.XVI, mentres o San Antonio podería ser do s. XVIII.A festividade do patrón celébrase o 30 de novembro.

Acceso

Dende o centro de San Ciprián chegamos ata a praia da Caosa e avanzamos cara a dereita onde nos atopamos cunha bifurcación do camiño separada por unha casa. Nesta bifurcación tomamos cara a esquerda e xa nos atopamos enfronte da Capela.

Estilos

Barroco
Arriba