ANTIGA CAPELA DE SANTA EUFEMIA

Relixioso
719

Localización

Parroquia: Castelo (San Xiao)

Lugar: Trasbar

27889  Cervo - Lugo

Coordenadas:
43º 38' 53.0" N - 7º 27' 07.4" W

Descrición

En Trasbar a antiga capela de Santa Eufemia, de traza primitiva e contorno agreste, achéganos as augas milagreiras indicadas especialmente para persoas con problemas de pel. Resaltan nesta capela os antigos frescos nunha das súas paredes. 

Acceso

Dende Cervo debemos saír á estrada principal ata chegar ao desvío de San Ciprián. Ali tomamos a terceira saída da rotonda e cruzamos á ponte para chegar a unha nova rotonda onde tomamos a primeira saída. Unha vez pasamos o complexo deportivo de piragüismo de San Ciprián atopamos unha bifurcación na cal xiramos lixeiramente cara a dereita. Dende aí continuamos conducindo sen desviarnos durante 5 Km. Neste punto debemos deixar o coche e continuar a pé avanzando pola estrada durante 150 metros para logo desviarnos á dereita por un pequeno camiño durante, aproximadamente, outros 150 metros para chegar ao noso destino.

Estilos

Románico
Arriba
Axúdanos a mellorar!