CAPELA DE SAN ANTÓN DE CENTIÑA

Relixioso
295

Localización

Parroquia: Coristanco (San Paio)

Lugar: Centiña

15147  Coristanco - A Coruña

Coordenadas:
43º 10' 22.6" N - 8º 45' 24.9" W

Descrición

A Capela de Santo Antón está nunha singular paraxe. Ten campo arredor e un natural anfiteatro que permite a gozosa contemplación dun espazo verde e acolledor.Capela de planta rectangular dunha soa nave e pequenas dimensións. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada e pintada e cantería en esquinais e ocos. Presenta unha cuberta a tres augas con tella cerámica curva e unha cruz de pedra sobre o piñón do testeiro. Trátase dun edificio de gran sinxeleza e austeridade ornamental. A fachada principal componse dun muro baixo que se cerra con reixas englobando un espazo cuberto ante a porta de acceso. A espadana de cantería sitúase no lateral norte da fachada principal e elévase en continuación co muro. Consta dun corpo asentado sobre cornixa no que se abre un oco con arco de medio punto e campá. O remate fórmao unha cruz de pedra central e dous pináculos con bolas nos laterais. No interior da capela temos a única representación da Virxe do Pilar que coñecemos en Bergantiños.
Arriba
Axúdanos a mellorar!