IGREXA DE CUNS

Relixioso
487

Localización

Parroquia: Cuns (San Vicenzo)

Lugar: O Igrexario

15147  Coristanco - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 46.6" N - 8º 50' 31.1" W

Descrición

Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave dividida en dous tramos. Posúa un volume de planta irregular no lateral norte do presbiterio que é a sancristía. A capela maior atópase na cabeceira, de planta rectangular con cuberta de falsa bóveda. Trátase dun tempo de gran sinxeleza e austeridade ornamental. A fachada e a espadana datan de 1.850, a nave de 1.854, así como a sancristía e o presbiterio. 

Estilos

Barroco
Arriba