CAPELA DE SAN XOSÉ DE IMO

Relixioso
623
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Xoán de Laíño (San Xoán)

Lugar: Imo

15981  Dodro - A Coruña

Coordenadas:
42º 42' 45.6" N - 8º 43' 30.7" W

Descrición

Capela de pequenas dimensións a carón da Casa Reitoral, na parte alta da aldea, construída en 1831. Ten planta rectangular e con fronte de cantería, a cal presenta unha porta principal de aceso de lintel recto e unha abertura circular por riba. Muros de cachotería e cuberta a dúas augas con tella curva sobre entramado de madeira. A cuberta coróase na súa fronte por unha estrutura de sección cuadrangular que aloxa unha campá e rematada en forma piramidal. Sufriu diversas modificacións. En bo estado de conservación. Construíuse esta capela como substituta da igrexa parroquial, a cal era de difícil acceso, celebrándose misa nela todas as mañás moi cedo para facilitar o desenrolo dos traballos de campo.

Acceso

Dende a Casa do Concello na AC-305 (Pk 2,9) seguimos 1,6 Km dirección Rianxo e en Imo collemos á dereita cara a Eira dos Hórreos de Imo. Dende alí pódese ir a pé. Está a escasos metros.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!