IGREXA PARROQUIAL DE SANTA BAIA

Relixioso
291
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cañás (Santa Baia)

Lugar: Bacelo

15175  Carral - A Coruña

Coordenadas:
43º 14' 07.4" N - 8º 19' 27.9" W

Descrición

Igrexa parroquial do século XVIII de estilo barroco, de pequenas dimensións con escasa decoración, fiestras oxivais e sinxelo interior con pouco alumeamento. Na entrada da nave, á esquerda, escaleira de acceso ó coro superior. Engadidos na parte dereita. Planta dunha soa nave e ábsida rectangular. Fabrica de mampostería revocada e pintada de branco, agás nos esquinais, fachada principal e enmarcados de vans que son de sillería vista. Fachada principal con van de entrada, pequena fiestra circular e espadana de dous vans con entaboamento, frontón triangular rematado de pináculos e cruz. Cuberta de tella a dúas augas.
Estado construtivo: o seu estado de conservación é bo.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!