IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO

Relixioso
571
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Quembre (San Pedro)

Lugar: A Eirexa

15183  Carral - A Coruña

Coordenadas:
43º 12' 49.3" N - 8º 22' 05.4" W

Descrición

A Igrexa de San Pedro, está situada na parroquia de San Pedro no lugar da Igrexa. Igrexa parroquial de estilo barroco, de planta dunha nave con capela pegada ó sur e presbiterio destacado na planta. Fábrica de mampostería revocada e lucida nos paramentos e cantaría de granito nas partes nobres. Construída no século XIX, neste lugar encontrábase unha capela románica, a forma da igrexa ten planta de cruz latina con dúas capelas laterais. Presentando no seu exterior unha fachada sobria case totalmente encalada. Espadana de corpo de campás esvelto de dous vans. O seu estado de conservación é moi bo.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Estilos

Barroco
Arriba