MUÍÑO DE MAREA DE POL

Etnográfico
195

Localización

Parroquia: Senra (San Xulián)

Lugar: Riomaior

15338  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 40' 11.0" N - 7º 50' 52.9" W

Descrición

Situado no fondo oriental da Ría de Ortigueira, nunha pequena enseada onde desauga o Río Maior, entre as parroquias de Santiago de Cuíña e San Xulián de Senra.
As obras foron promovidas entre 1905 e 1910 por un emigrante retornado de Cuba.
A estrutura inclúe unha presa para coller a auga na subida das mareas, soltándoa despois para que a forza de saída mova a engrenaxe do muíño. O encoro está delimitado por todos os lados por un muro de bloques. O dique fronte ao mar conta cunha comporta de madeira en posición central e un aliviadoiro á beira do muíño.
O edificio presenta unha planta case cadrada e dúas alturas. A parte baixa (inferno do muíño) queda semisoterrada en marea alta. Ten unha estrutura formada por sete arcos que permiten a circulación da auga.
Trátase dunha construción de pequeno tamaño, cos muros de cachotería e un sistema de cubrición cunha estrutura de madeira que sustenta a lousa do teitume.
Ten dúas portas, unha de entrada ao muíño e outra para acceder ao encoro desde o interior.
Trátase do último muíño de mareas construído en Galicia.

Acceso

Dende Santa Marta de Ortigueira coller a AC-862 dirección Ferrol e a 2 km tomar o desvío da dereita que indica “Muíño de Mareas”.
Tamén se pode continuar pola AC-862 dirección Ferrol ata a rotonda, seguir dirección Ferrol e coller o desvío da dereita, 250 m despois da rotonda.
Arriba