Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 80 SENDA DE SANTA MARTA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 80 SENDA DE SANTA MARTA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200504000004/pr-g-80-senda-de-santa-marta?langId=gl_ES
A senda bordea o monte de Santa Marta e discorre entre plantacións de piñeiros. O camiño comeza ao pé da estrada OU-406, subindo suavemente ata enlazar cunha pista que percorre a ladeira do monte. Á súa vez, o primeiro tramo é compartido polo inicio e o fin de roteiro.
Seguindo o carreiro cara ao sur atópase un antigo miradoiro con vistas sobre o val do río Miño e a vila de Ribadavia. O itinerario vira cara ao cume do monte e pasa xunto a unhas antigas minas de wolframio. Despois inicia o descenso cara a San Paio desde onde se pode gozar da vista panorámica sobre o encoro de Castrelo de Miño e a igrexa de Santa María. Esta igrexa barroca (S. XVIII), declarada monumento histórico artístico, foi construída sobre un antigo castro nun maxestoso emprazamento asomado sobre o río Miño.
Capital do Ribeiro
Ribadavia é a capital do Ribeiro. A riqueza xerada outrora polo comercio do viño produciu o florecemento dun barrio xudeu que aínda hoxe conserva o seu esplendor. O castelo, a muralla, as súas tres igrexas románicas e o gótico de Santo Domingo son só algunhas mostras do seu rico patrimonio.
A vila destaca pola súa importante actividade cultural e festiva, sobresaíndo entre todas pola súa singularidade a Festa da Istoria. É un evento de profundas raíces que se celebrou desde inicios do século XVII ata o ano 1868, recuperándose a tradición a partir de 1989. Nela, recréase o glorioso pasado da vila a través de celebracións nas que os asistentes van ataviados con vestimenta medieval e os pagos realízanse na moeda da época, o maravedí.
Calzado deportivo cómodo.
www.terrasdoavia.es
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.