IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARIÑA

Relixioso
519
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Beira (Santa Mariña)

Lugar: Beira

Rúa: Guindisal 15

15183  Carral - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 42.7" N - 8º 21' 18.8" W

Descrición

Igrexa parroquial dunha nave única con engadidos laterais. Fabrica de mampostería revocada e pintada  de branco, agás nos esquinais, e enmarcados de vans que son de cantaría vista. Fachada principal con van de entrada en arco de medio punto, pequena fiestra para alumeamento do coro e espadana de  dous vans con entaboamento, frontón triangular rematado de pináculos. Cuberta de tella a dúas augas. Interior de pedra vista e cuberta de madeira. Agás da entrada principal, posúe outras tres que a comunican co exterior, unha en cada seu engadido lateral e outra no lateral esquerdo da nave. No veciño cemiterio existe un campanario exento de cantería así como certos restos de edificación.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!