mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 85 RUTA DA FRAGA DE VILAPENA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 85 RUTA DA FRAGA DE VILAPENA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200506000008/pr-g-85-ruta-da-fraga-de-vilapena?langId=gl_ES
Trabada - Lugo
O carreiro que rodea e atravesa a Fraga de Vilapena transcorre entre unha gran diversidade de vexetación autóctona. Comeza antes de chegar á aldea, nunha zona de aparcamento acondicionada cun panel informativo. Iniciando o traxecto cara a Vilapena, visítase a igrexa parroquial e obsérvanse numerosos hórreos e antigas edificacións de pedra.
O roteiro abandona as praderías do núcleo rural e penétrase entre as plantacións forestais e o tupido bosque autóctono, ascendendo cara á bifurcación e miradoiro de Pau Pico a 486 metros de altura. Retomando a senda, tras un tramo de menos dun quilómetro, esta únese co PR-G 83. Ascendendo unha breve costa, atópase un refuxio para a choiva e ambos os carreiros comparten o seu itinerario durante un bo treito.
Cara ao final, o camiño regresa á Fraga de Vilapena para dirixirse ao arroio de Vilaformán, outrora coñecido pola súa fama troitera. Se optamos por seguir a variante e facer o percorrido máis curto entraremos no interior da fraga onde se atopan vestixios de antigas carboeiras.
Concello de Trabada
Tel.: 982 135 011
concello@trabada.es
www.trabada.es
Sendeiros
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.