IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO

Relixioso
435
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sumio (Santiago)

Lugar: Souto Figueira 2

15184  Carral - A Coruña

Coordenadas:
43º 11' 36.7" N - 8º 22' 46.9" W

Descrición

Igrexa parroquial de nave única con dúas capelas laterais, bóveda cruzada na cabeceira e dotada de contrafortes exteriores. Fábrica de mampostería revocada e pintada de branco, agás nos esquinais, e enmarcados de vans que son de cantaría vista. Fachada principal con van de entrada, pequena fiestra circular e espadana de dous vans con entaboamento, frontón triangular rematado cunha cruz. Cuberta de tella a dúas augas. Na entrada da nave, á dereita escaleira de acceso ó coro superior.
Arcos de medio punto dan acceso dende a nave ás capelas laterais. Porta de acceso dende o exterior pola sacristía. Construída no ano 1776 polos señores de Vilasuso. Os aspectos máis destacables do templo son un escudo situado enriba da sepultura que se conserva na igrexa e un retablo barroco da sacristía.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!