PR-G 165 SENDEIRO DAS FRAGAS E LEVADAS DO CALVO E DEVA

Sendeirismo
1782

Localización

A Cañiza - Pontevedra

Coordenadas:
42º 10' 45.8" N - 8º 18' 09.6" W

Descrición

Carreiro circular de esixente percorrido con multitude de variantes e derivacións. Transita por lugares de extraordinario valor natural como o bosque do río Calvo, catalogado como Espazo Natural de Interese Local.

Realizando o itinerario no sentido horario iremos cara ao río Deva e descenderemos por unha senda empedrada bordeada por unha fenomenal fraga. O desnivel do río foi aproveitado para construír muíños ata os que se desviaba a auga por canles denominadas levadas. Abandonando o río Deva chégase a O Feirón e ao Pazo do Conde de Cervellón e, posteriormente, á  estilizada igrexa de Santiago en Parada de Achas.

Dentro da agreste conca do río Calvo, a sombra e a humidade fan proliferar os musgos e liques. O camiño ten certa dificultade nalgúns puntos, polo que debemos extremar a precaución, especialmente co chan mollado.

A variante PR-G 165.3 permítenos acceder ata o cume do Coto da Vella seguindo algún tramo do Camiño da Raíña, unha vía de comunicación moi antiga que se supón foi utilizada pola Raiña Dona Urraca na súa viaxe á Franqueira.

Acceso

Desde A Cañiza seguir pola estrada PO-9402 durante 7,7 km ata o cruzamento onde se indica o desvío á Ponte. Seguir por este desvío 500 m ata a ponte onde se atopa o inicio da senda.

Un plus

CAMIÑO DA RAÍÑA (CAMINO DE LA REINA)

Suponse que debeu de ser utilizado por Dona Urraca na súa viaxe desde terras de Castela ata o antigo Mosteiro da Franqueira, para así visitar as súas propiedades en terras galegas. Foi unha vía de comunicación moi importante na Idade Media, xa que servía para comunicar os portos pesqueiros do Atlántico coas terras do interior de Galicia.
Para conservar os produtos frescos, ideouse unha rede de neveros nos que se acumulaba neve para afrontar a calor do verán. O nevero da Franqueira, tamén coñecido como Neveiro dos Frades, está localizado e é  visitable no Coto da Vella. Estímase que orixinalmente contaba con case seis metros de profundidade.

Lonxitude

16,3 km. As diferentes variantes miden 1.000 m, 500 m, 11,9 km e 1,1 km. As derivacións suman 2 km máis.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: A Ponte (Concello da Cañiza)
Punto de partida: A Ponte (Concello da Cañiza)

Percorrido

O roteiro principal transcorre pola Ponte, Lugar das Caldas, Muíño de San Paio, Fraga do río Deva, Pazo do Conde de Cervello, Parada das Achas, Fraga do río Calvo,  Camiño da Raíña, Lugar da Ibia, A Ponte.

Dificultade

Alta

Duración

6 horas a ruta principal.

Material

Recoméndase ir preparado ante posibles inclemencias do tempo, así como levar botas de montaña, provisións e auga.

Servizos

Fora de ruta, en A Cañiza.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

224-III Ponteareas, 224-IV A Cañiza, 262-II Arbo

Máis información

Concello da Cañiza
Tel.: 986 651 000
www.caniza.org

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Etnografía
Interese naturalista

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!