Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 176 RUTA DO RÍO DEVA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 176 RUTA DO RÍO DEVA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200508000019/pr-g-176-ruta-do-rio-deva?langId=gl_ES
Este roteiro circular pódese iniciar na Ponte Ballote, onde conecta co PR-G 175 ou na área recreativa de Freáns, a beira do río Deva. É aconsellable este último emprazamento xa que está mellor comunicado.
Desde Freáns, área habilitada con mesas, asadores e xogos infantís, a senda discorre xunto ás dúas beiras do río Deva. As augas deste río, que baixan ata desaugar no Miño, poderemos atravesalas en tres puntos deste sinxelo roteiro: en Ponche Deva, en Entrerríos ou na Ponte Ballote.
O trazado de suave pendente discorre tranquilamente por senllas de pescadores, permitindo gozar da visión de antigas obras hidráulicas tradicionais, outrora moi importantes, como son os muros de contención, canles e muíños.
O frescor da contorna do bosque de ribeira, sempre en sombra e con árbores predominantemente caducifolios como pradairos, carballos, castiñeiros, salgueiros e bidueiros, así como unha frondosa vexetación arbustiva e herbácea, fan que este carreiro sexa un verdadeiro pracer para os sentidos.
Concello de Pontedeva
Tel.: 988 495 005
concello@pontedeva.es
www.pontedeva.es
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Sendeiros
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.