mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 177 RUTA CANÓN DO RÍO MAO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 177 RUTA CANÓN DO RÍO MAO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200511000030/pr-g-177-ruta-canon-do-rio-mao?langId=gl_ES%26ctre=23%26tp=6
Parada de Sil - Ourense
Esta senda parece sobrevoar o impresionante canón do río Mao. O carreiro está formado por dous aneis que se conectan en San Lourenzo de Barxacova. O roteiro pódese gozar partindo desde o albergue A Fábrica dá Luz para completar os seus 16,5 quilómetros, ou comezar na aldea de San Lourenzo de Barxacova e percorrer só o bucle sur, uns 11,5 quilómetros que evitan as pendentes máis abruptas.
Desde A Fábrica da Luz, o percorrido baixa paralelo ao río Mao por unhas pasarelas de madeira elevadas que gozan de fermosas vistas. Ao rematar o paseo de madeira, o roteiro continúa pola marxe esquerda ata chegar á aldea de Barxacova.
Un forte ascenso achéganos ata San Lourenzo de Barxacova, coas súas estreitas rúas e pequena igrexa. A subida prosegue cara ás poboacións de Miranda e Forcas, onde se atopa a igrexa de San Mamede.
Logo, o carreiro volve xunto ao curso do río Mao e pódese visitar a ponte medieval de Conceliñas, a escasos metros do roteiro. A senda prosegue paralela ao trazado da canle nova e desvíase cara á Canle Vella. O seu trazado avanza ata a enigmática necrópole medieval de San Vitor. O camiño retorna a San Lourenzo de Barxacova e descende fortemente cara á Fábrica da Luz.
Sendeiros
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.