Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 178 RUTA MAQUINO LARGAÑO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 178 RUTA MAQUINO LARGAÑO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200511000031/pr-g-178-ruta-maquino-largano?langId=gl_ES
Senda circular a partir de Luíntra, capital do Concello de Nogueira de Ramuín, ou desde o Parador e mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Discorre principalmente por camiños e pistas, xeralmente amplas, coincidindo en numerosas ocasións co roteiro 1 para bicicletas do Centro BTT Ribeira Sacra.
As paisaxes varían entre zonas de cultivo moi humanizadas e tupidos bosques de carballos, castiñeiros ou bidueiros. Tamén destacan as vistas desde os magníficos miradoiros sobre o Canón do río Sil ou a impoñente panorámica sobre o mosteiro de Santo Estevo que ofrece o Castro de Litoria, encumbrado sobre grandes penedos graníticos.
O nome do roteiro Maquino Largaño significa “camiño longo” e é unha homenaxe ao barallete, xerga gremial propia de determinados oficios ambulantes, especialmente dos afiadores e paragüeros, utilizada con finalidade críptica e moi implantada outrora nesta zona.
Castro de Litoria
Coñecido tamén como Penedos do Castro, é un caso curioso dunha pequena citania refortificada na Idade Media. A súa orixe suponse do S. VI a. C. Foi utilizado durante a Idade do Hierro e posteriormente abandonado, sen chegar a romanizarse. Logo reocupado na época suevo-visigoda, durando o seu uso ata a Baixa Idade Media ( ss. XIV-XV). As súas funcións eran as de vixiar os accesos a Santo Estevo e servir de refuxio en caso de perigo.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.