A Estrada - Pontevedra
O inicio sitúase no Seixo, xunto á capela de Nosa Señora das Angustias. O roteiro atravesa o núcleo de Prado e discorre xunto a unha enorme hórrea (ver Un plus…).
Tras camiñar entre un bosque mixto, chégase a San Miguel de Castro. A súa igrexa sufriu múltiples intervencións ao longo dos séculos pero aínda conserva restos románicos na súa ábsida e arco triunfal que datan de antes de 1115.
Descéndese ata o río Ulla, discorrendo pola súa ribeira a través dun bosque húmido. Débese ter precaución en épocas de choiva, xa que o leito pode ocupar o propio carreiro. Nun punto ben sinalizado cunha frecha, hai que desviarse, apenas 50 metros, para gozar coa impresionante vista das pontes de Gundián, no lugar onde o río Ulla crea un bonito canón.
Antes de chegar ao final da senda, é moi recomendable ascender ao miradoiro de O Castro e gozar da panorámica sobre o río Ulla e as pontes de Gundián. Rematada a excursión, é interesante achegarse ata a área recreativa do Santuario de Gundián.