PR-G 208 RUTA DAS REIGADAS

Sendeirismo
1298

Localización

A Pontenova - Lugo

Coordenadas:
43º 16' 03.9" N - 7º 08' 21.6" W
43º 18' 35.3" N - 7º 09' 02.2" W

Descrición

Discorre por senllas de pescadores a beiras do Rego de Bounote, que cambia de nome a Rego das Reigadas tras unirse ás augas do Rego do Bidueiro. O percorrido atópase dentro da Reserva da Biosfera declarada pola Unesco en 2007.

Desde Barreiros, lugar de grandes pradarías, o carreiro comeza un descenso pronunciado ata o fondo do val, onde discorre xunto ao Rego do Mazo de Barreiros. O bosque que envolve o lugar atópase en moi bo estado de conservación, contando con algúns exemplares centenarios de carballos, castiñeiros, acivros e  avellanos.

Ao chegar á fervenza do Pozo da Chamosa, desembocamos no frondoso Rego de Bounote. No descenso visitaremos a ponte Paradela, a ponte de madeira de Encrucilladas e, un pouco máis adiante, o muíño e a fervenza das Reigadas.

Durante o percorrido pódense observar multitude de pontes, ouriceiras tradicionais para gardar os ourizos das castañas e muíños. O camiño finaliza xunto aos magníficos restos da Ferrería de Bogo.

Acceso

Desde A Pontenova en dirección sur por estradas comarcais e locais ata o lugar de Barreiros.

Un plus

FERRERÍA DE BOGO

A espectacular ferrería, situada na parroquia de San Pedro de Bogo, sérvese da forza hidráulica do río Reigadas. Foi fundada polo fidalgo Pedro de Miranda para aproveitar as riquezas férricas das súas propiedades. Funcionou desde 1534 ata finais do século XVIII, cando un incendio deixouna arruinada. Recentemente foi parcialmente restaurada.

Lonxitude

8,4 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Ferrería en San Pedro de Bogo (Concello da Pontenova)
Punto de partida: Barreiros (Concello da Pontenova)

Percorrido

Barreiros, Rego do Mazo de Barreiros, Pozo da Chamosa, Rego de Bounote, Ponte Paradela, Fervenza das Reigadas, Ferrería de Bogo.

Dificultade

Media - Baixa

Duración

3 horas

Material

Recoméndase botas de montaña e auga.

Servizos

Fora de ruta, na Pontenova.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

49-I Santa Eulalia de Oscos

Máis información

Concello da Pontenova
Tel.: 982 342 277
www.concellodapontenova.org
correo.apontenova@fegamp.gal

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Etnografía
Interese naturalista
Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!