mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 209 RUTA RÍO EO - PENA MILLARES&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 209 RUTA RÍO EO - PENA MILLARES extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200526000150/pr-g-209-ruta-rio-eo-pena-millares?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Ribeira de Piquín - Lugo
O río Eo acompaña a este roteiro durante case a metade do seu percorrido. O seu leito caracterízase pola gran biodiversidade que o envolve. A calidade da súa contorna natural fai que o mesmo se inclúa na Reserva da Biosfera “O río Eo, Oscos e Terras de Burón”.
Partindo da coidada praia fluvial do Chao de Pousadoiro, a senda discorre entre bosques de galería xunto ao río Eo e visita os muíños distribuídos ao longo do seu curso. A súa contorna natural e o seu suave perfil conforman un percorrido agradable que se achega ata a área recreativa da Retorta.
Tras un breve tramo de asfalto, o carreiro abandona o fondo do val e comeza un zigzagueante ascenso cara ao pétreo e magnífico miradoiro de Pena Milleiros, con excepcionais vistas das serras de Pena Armada e de Meira, así como do val do río Eo.
Antes de finalizar en Barcia, o camiño transcorre pola aldea de Sadrarín, onde aínda se aprecian exemplos da arquitectura tradicional, con mención especial aos seus típicos hórreos.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.