IGREXA DO POBOADO DAS VEIGAS

Relixioso
1175

Localización

Parroquia: As Pontes de García Rodríguez (Santa María)

Lugar: As Pontes de García Rodríguez

Avenida do Poboado das Veigas

15320  As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Coordenadas:
43º 27' 01.0" N - 7º 51' 47.9" W

Descrición

Igrexa construída en 1965 por orde de Luís Arias Martínez, presidente da Empresa Nacional "Calvo Sotelo", actual Endesa. De estilo modernista e imitación do neoclásico, co emprego de materiais nobres (granito no exterior, mármore e madeira no interior) para recubrir o ladrillo co que se constrúe o templo, con cuberta de lousa. De planta poligonal, dúas ábsidas, ventás de mosaico e grande amplitude espacial. Dedicada á Nosa Señora da Luz, da que se di é un fiel retrato da esposa -chamada Luz- do que ordenou construila, alí enterrado. No seu interior domina unha especie de cúpula enorme que sobrevoa a totalidade de lugar de culto, rodeada de diferentes vidreiras colocadas arredor á altura da cúpula, destacando o grande altar maior de mármore separado do lugar dos fieis por unha grande escalinata, e a Virxe da Luz de mármore e de Santa Bárbara, patroa dos mineiros, situada no lateral esquerdo onde está soterrado Luís Arias Martínez.

Acceso

Está no núcleo urbano.
Arriba