Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 211 SENDA VERDE DO XARES&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 211 SENDA VERDE DO XARES extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200526000159/pr-g-211-senda-verde-%20do-xares?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Pódese realizar o percorrido partindo desde a poboación da Veiga, pola beira dereita da conca do río Xares ata a presa de Prada. Despois pódese volver pola marxe esquerda do río ata a praia dos Franceses.
A paisaxe está dominada polo encoro de Prada. Construído en 1958, supuxo a desaparición da aldea de Alberguería e a inundación das terras máis fértiles da conca do río Xares. Na actualidade, o pantano crea un microclima propio que condiciona a climatoloxía do val. A represa permite que A Veiga goce dunha praia fluvial perfectamente dotada para o seu uso estival.
O roteiro é suave e pode transitarse con bicicleta de montaña, incluíndo algúns tramos alternativos debidamente sinalizados. A súa dificultade radica na lonxitude da senda, pero hai múltiples alternativas para facela en varias etapas, mediante os accesos por camiños e pistas ás aldeas que circundan a ribeira.
Concello da Veiga
Tel.: 988 350 000
www.aveiga.gal
concello.aveiga@eidolocal.es
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.