PR-G 211 SENDA VERDE DO XARES

Sendeirismo
923

Localización

A Veiga - Ourense

Coordenadas:
42º 14' 49.3" N - 7º 01' 30.2" W
42º 14' 43.9" N - 7º 01' 59.1" W

Descrición

Pódese realizar o percorrido partindo desde a poboación da Veiga, pola beira dereita da conca do río Xares ata a presa de Prada. Despois pódese volver pola marxe esquerda do río ata a praia dos Franceses.

A paisaxe está dominada polo encoro de Prada. Construído en 1958, supuxo a desaparición da aldea de Alberguería e a inundación das terras máis fértiles da conca do río Xares. Na actualidade, o pantano crea un  microclima propio que condiciona a climatoloxía do val. A  represa permite que A Veiga goce dunha praia fluvial perfectamente dotada para o seu uso estival.

O roteiro é suave e pode transitarse con bicicleta de montaña, incluíndo algúns tramos alternativos debidamente sinalizados. A súa dificultade radica na lonxitude da senda, pero hai múltiples alternativas para facela en varias etapas, mediante os accesos por camiños e pistas ás aldeas que circundan a ribeira.

Acceso

Desde A Rúa ou desde A Gudiña pola OU-533 ata o Alto do Covelo. Desviarse en dirección á Veiga.

Lonxitude

33,4 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Praia dos Franceses (Concello da Veiga)
Punto de partida: A Veiga (Concello da Veiga)

Percorrido

A Veiga, área recreativa e praia do Coiñedo, Casdenodres, Castromarigo, Candeda, Prada, Poboado de Prada, muro do encoro de Prada, praia de Alberguería, Santa Cristina, Carracedo, praia dos Franceses.

Dificultade

Media - Alta

Duración

9 horas

Material

Recoméndase botas cómodas, provisións e auga.

Servizos

Na Veiga.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto con reservas

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

228-I A Veiga, 228-II Lamalonga, 228-III Viana do Bolo

Máis información

Concello da Veiga
Tel.: 988 350 000
www.aveiga.gal
concello.aveiga@eidolocal.es

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!