Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 213 SENDEIRO OS BOSQUES MÁXICOS DE CASTRO CALDELAS&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 213 SENDEIRO OS BOSQUES MÁXICOS DE CASTRO CALDELAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200528000191/pr-g-213-sendeiro-os-bosques-maxicos-de-castro-caldelas?langId=gl_ES
O carreiro forma dous aneis que se unen na praza do Prado da capital municipal: O Castro de Caldelas. Pódese facer o roteiro completa ou elixir un dos bucles, xa que ambos son circulares.
O anel curto, duns cinco quilómetros, goza no seu inicio dunha boa panorámica sobre o castelo, para logo achegarse ata a igrexa de Camba (s. X). Desde aquí descende ata a área fluvial e recreativa de Ponte das Táboas. Seguindo o río Edo, o bucle retorna a O Castro de Caldelas entre muíños e bosques.
O anel longo, duns quince quilómetros, descende entre aldeas e bosques cara ao río Edo. En pouco tempo chégase ata as ruínas do mosteiro de San Paio de Abeleda (s. XII), situado entre amplos viñedos. Despois, o itinerario continúa próximo ao río de O Porto, seguindo a saia do monte coroado pola aldea de Poboeiros. No Souto de Poboeiros, os carballos e castaños centenarios rodean e dan sombra a esta senda.
RECOMENDACIÓNS
O roteiro cruza estradas transitadas en varios lugares. Sexa precavido.
CASTELO DE O CASTRO DE CALDELAS
Crese que esta fortaleza que pertenceu aos Condes de Lemos ocupa o lugar dun primitivo castro e un posterior campamento romano. A construción actual é do século XIV. Durante a Revolta Irmandiña, entre os anos 1467 e 1469, as forzas Irmandiñas tomaron e destruíron parcialmente a fortaleza. Tras a revolta, o Conde de Lemos castigou aos seus vasallos obrigándolles a reconstruír o castelo.Hoxe é un centro cultural e no seu interior alberga a oficina de turismo, a biblioteca municipal, un salón de actos e un museo arqueolóxico e etnográfico.
Concello de Castro Caldelas
Tel.: 988 203 000
www.castrocaldelas.es
correo.castrocaldelas@fegamp.gal
turismo.ribeirasacra.org
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.