mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 222 RUTA DA DEVESA DA ROGUEIRA&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 222 RUTA DA DEVESA DA ROGUEIRA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200528000194/pr-g-222-ruta-da-devesa-da-rogueira?langId=gl_ES
Folgoso do Courel - Lugo
Desde a aula da Natureza, a senda ascende cara á aldea de Moreda. A continuación, o camiño vira e sobe pola ladeira do monte do Ucedo, atravesando as construcións tradicionais de Moreda Maior. A paisaxe pastoril e os bosques autóctonos altérnanse constantemente. Máis adiante, nun saínte pétreo baixo o monte de Cabeza do Couto, o roteiro ofrece unha magnífica panorámica da paisaxe do val.
Ao alcanzar a cota de 1.300 metros de altitude, atoparemos un cruzamento desde onde sae unha pista curta que comunica coa estrada que vai ao Alto do Couto. Este podería ser un bo inicio de roteiro para os que non queiran acometer a parte máis dura do carreiro.
Agora comeza un traxecto máxico, primeiro entre coníferas e despois entre un bosque autóctono moi denso, que percorre sen grandes desniveles a parte alta da Devesa da Rogueira. Antes de iniciar o regreso, descendendo polo val do leito do Rego da Rogueira, é imprescindible seguir a derivación que nos achegará ás Fontes do Cervo e ao miradoiro de Pico Polín.
Sendeiros
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.