Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 230 SENDIERO DO RÍO MANESES&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 230 SENDIERO DO RÍO MANESES extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200529000220/pr-g-230-sendiero-do-rio-maneses?langId=gl_ES
Desde a área fluvial e recreativa de Lodeiro, xunto ao río Lérez e a desembocadura do seu afluente Rego de Maneses, a senda remonta este último durante uns catro quilómetros ata o Muíño de Chan do Coiñal, para logo pasar xunto ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro e, finalmente, regresar ata a beira dereita do Lérez.
O itinerario transcorre polo val do río Maneses, xunto ao seu leito e cruzando dunha ribeira a outra constantemente. Permite observar os numerosos muíños fariñeiros movidos polas augas deste arroio, así como as distintas construcións que os rodean: pontes, pasarelas de pedra, canles, pequenas presas, etc.
Fóra do río, na parte máis alta do roteiro, coincidiremos coa entrada do Parque Arqueolóxico. É unha visita digna de programar e realizar con tempo. Logo, o carreiro descende e atravesa pequenas poboacións ata chegar xunto ao leito do Lérez, continuando un quilómetro ata chegar a Lodeiro.
PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO
É un centro de divulgación e estudo dos gravados prehistóricos galegos. Está situado xunto a unha das maiores concentracións de petróglifos da Idade de Bronce de todo o continente europeo e conta con representacións moi espectaculares como o gran cervo da “Laxe dos Carballos”. Un itinerario de máis de 3 km percorre varios petróglifos para poder contemplar as principais escenas e motivos dos gravados rupestres galegos.
Sendeiros
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.