Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 230 SENDIERO DO RÍO MANESES&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 230 SENDIERO DO RÍO MANESES extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200529000220/pr-g-230-sendiero-do-rio-maneses?langId=gl_ES%26tp=6%26ctre=23
Desde a área fluvial e recreativa de Lodeiro, xunto ao río Lérez e a desembocadura do seu afluente Rego de Maneses, a senda remonta este último durante uns catro quilómetros ata o Muíño de Chan do Coiñal, para logo pasar xunto ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro e, finalmente, regresar ata a beira dereita do Lérez.
O itinerario transcorre polo val do río Maneses, xunto ao seu leito e cruzando dunha ribeira a outra constantemente. Permite observar os numerosos muíños fariñeiros movidos polas augas deste arroio, así como as distintas construcións que os rodean: pontes, pasarelas de pedra, canles, pequenas presas, etc.
Fóra do río, na parte máis alta do roteiro, coincidiremos coa entrada do Parque Arqueolóxico. É unha visita digna de programar e realizar con tempo. Logo, o carreiro descende e atravesa pequenas poboacións ata chegar xunto ao leito do Lérez, continuando un quilómetro ata chegar a Lodeiro.
PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO
É un centro de divulgación e estudo dos gravados prehistóricos galegos. Está situado xunto a unha das maiores concentracións de petróglifos da Idade de Bronce de todo o continente europeo e conta con representacións moi espectaculares como o gran cervo da “Laxe dos Carballos”. Un itinerario de máis de 3 km percorre varios petróglifos para poder contemplar as principais escenas e motivos dos gravados rupestres galegos.
Sendeiros
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.