MUÍÑO DE RÍOLIMPO

Etnográfico
827

Localización

Parroquia: Naraío (Santa María)

Lugar: Riolimpo

15562  San Sadurniño - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 42.6" N - 8º 03' 47.7" W

Descrición

Muíño-vivenda en ámbito fluvial, nas inmediacións do río Castro e rodeado de bosque de ribeira. Os muros son de cachotaría de granito. Destacan os arcos dos infernos, de medio punto. A captación da auga efectúase por medio dunha canle que discorre ata o cubo. Cubo, de sección troncopiramidal, que foi construído con boa cantería de granito.

Acceso

Dende a capital municipal, tomar a C-646 Ferrol-Ortigueira, desvío á dereita por estrada asfaltada sinalizada a Naraío. A 3 km, tomar estrada á dereita. Nas inmediacións atópase o muíño.
Arriba
Axúdanos a mellorar!