MUSEO DO VIÑO DE GALICIA

Museos e coleccións
818

Localización

Parroquia: Campo Redondo (Santo André)

Lugar: Santo André

32415  Ribadavia - Ourense

Coordenadas:
42º 19' 16.3" N - 8º 06' 33.1" W

Descrición

Museo de historia da vitivinicultura en Galicia.

O Museo do Viño de Galicia é un museo de titularidade autonómica que ten como finalidade a de recuperar, documentar, conservar e difundir o patrimonio cultural vitivinícola de Galicia para o coñecemento, a aprendizaxe e o gozo da cidadanía, en xeral, e o aproveitamento e a consulta dos/as investigadores/as e estudosos/as do universo vitivinícola, en particular.
A exposición percorre as tres plantas deste edificio singular construído no século XVIII como casa de priorado para explotación vitícola dependente do Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela e convertido tras a desamortización de Mendizábal en casa reitoral de Santo André de Camporredondo.

A primeira planta consta de 4 salas, nas que estarían representadas a creación das paisaxes do viño, os traballos da viña, Galicia e as súas denominacións e unha sala adicada en exclusiva ao Ribeiro, por ser a comarca na que se atopa o museo.

Na planta -1 actualmente contamos con dúas exposicións temporais sobre o embotellado e etiquetado do viño e unha sobre os grabados no mundo do viño.

Posteriormente, pasarían a zona produtiva, onde poderán ver os lagares e finalmente, a antiga adega escavada na propia rocha. 

Máis información

https://museos.xunta.gal/es/museo-do-vino-galicia

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 15/07/2020
Arriba
Axúdanos a mellorar!