A PALLEIRA DE LOLA

Apartamentos - Apartamentos 1 Chave
726
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Conturiz 11

27160  Lugo - Lugo

Coordenadas:
42º 58' 48.9" N - 7º 31' 18.8" W

Descrición

"A Palleira de Lola" nace en 2020 da rehabilitación dun antigo alpendre, dividido agora en tres apartamentos turísticos: o apartamento Carmiña que ocupa parte da planta baixa, o apartamento Estudo que ocupa parte da planta superior, con acceso desde a primitiva escaleira de pedra encostada á fachada e o apartamento Vista Val, dúplex que ocupa o terzo dereito da edificación. Conservouse a pedra orixinal e a maior parte das vigas, que quedaron á vista.
Cada apartamento consta dunha habitación grande con cama de matrimonio, outra pequena cunha cama individual, un salón cociña con sofá cama e un baño (dous no dúplex) con ducha. A ocupación máxima permitida en cada apartamento é de 3 persoas adultas máis 2 nenos.
Hai un amplo xardín con moito céspede a disposición dos hóspedes. Todo o recinto está pechado por un muro de pedra.
A situación é magnífica. Nunha contorna rural pero moi preto da cidade de Lugo.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Tipos de servizos

Aparcadoiro
Auga quente
Calefacción
Frigorífico
Internet
Lavadora
Televisión
Xardín
Arriba
Axúdanos a mellorar!