BALAENA TRAVEL

Axencias de viaxes
584

Localización

+34 981 079 089
+34 635 516 119

Descrición

Que é Balaena Travel?

Pois moi sinxelo, Balaena Travel somos un grupo de aventureiros que queremos propoñerche un cambio. Comprometidos cos valores do turismo respectuoso co medioambiente e non masificado, apostamos por un turismo na natureza diferente e divertido en destinos por descubrir. Soa ben verdade?

Turismo slow como leitmotiv

Con moito esforzo, traballamos día a día para que a nosa axencia de viaxes en liña teña viaxes cheas de experiencias especializadas en turismo de natureza e deportivo. Propoñémosche destinos únicos e non masificados onde coñecerás verdadeiros paraísos escondidos onde perderse para volver atoparse.

A túa única preocupación será facer a maleta

Sabemos o tempo que conleva organizar a viaxe que tanto che mereces. En Balaena Travel encargámonos de todo e ofrecémosche multitude de paquetes con diferentes duracións e orixes, deseñados para que vivas unhas vacacións incribles sen preocuparche de nada.

Vive unha aventura sen igual connosco

En definitiva, o noso equipo crea produtos para viaxeiros de verdade, cansados de lugares repletos de xente, con ganas de vivir experiencias únicas, coñecer novas culturas e volver a casa con mil e unha anécdotas, viaxeiros coma ti. Apúntasche?


Clasificación

Grupo: Maiorista-Retallista
Tipo axencia: Casa matriz
Modalidade: Axencia de viaxes on line
Arriba
Axúdanos a mellorar!