EDIFICIO SARMIENTO

Civil
1244
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Padre Sarmiento 51

36002  Pontevedra - Pontevedra

Coordenadas:
42º 25' 58.0" N - 8º 38' 34.9" W

Descrición

O edificio Sarmiento, construído entre 1685 e 1714, foi en orixe a sede do Colexio da Compañía de Xesús. Dende o ano 1981 é un dos inmobles que compoñen o Museo.
Na actualidade, exhíbense nas súas salas de exposición permanente e no propio claustro os fondos arqueolóxicos da Prehistoria e a Antigüidade, a arte galega medieval ata o século XIII, as coleccións de louza de Sargadelos, cerámica de Pontecesures e unha selección dos alfares nacionais máis representativos: Manises, Paterna, Sevilla, Toledo e Talavera, así como o legado Sánchez Mesas - Fernández de Tejada de arte contemporánea e asiático-oriental.

Acceso

Está no núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Arriba