Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DE SANTA MARTA OU DAS HORTAS&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DE SANTA MARTA OU DAS HORTAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210429001682/fervenza-de-santa-marta-ou-das-hortas?langId=gl_ES
Este salto de auga, que exerce de límite natural entre a parroquia de San Cristovo de Dombodán no concello de Arzúa e a parroquia de Santa María de Turces no concello de Touro, é coñecido popularmente como fervenza das Hortas, collendo o tpónimo do lugar no que se atopa.
Pero ademais recibe tamén o nome de fervenza de Santa Marta, por unha lenda que ten asociada a esa santa. Contan que unha moza que adoitaba ir moer ao muíño que hai nese lugar quedou embarazada do seu noivo e este, ao enterarse, rexeitouna e tentou asasinala tirándoa dende o alto da fervenza. Mentres caía, ela exclamou ¡Santa Marta me vaia! e nese momento un carballo amortiguo a súa caída salvándolle a vida.
A maneira máis doada e curta para chegar ata a ela é dende o lugar das Hortas. No centro deste núcleo atoparemos un panel informativo. A partir de aí seguiremos a pé para baixar, durante 400 metros, por un camiño ben acondicionado e pouco esixente que nos levará ata o pé desta fervenza que cae dende unha altura aproximada duns 20 metros.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.