Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FERVENZA DE SANTA MARTA OU DAS HORTAS&body=Recoméndoche que leas a información FERVENZA DE SANTA MARTA OU DAS HORTAS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210429001682/fervenza-de-santa-marta-ou-das-hortas?langId=gl_ES%26tp=40004330
Este salto de auga, que exerce de límite natural entre a parroquia de San Cristovo de Dombodán no concello de Arzúa e a parroquia de Santa María de Turces no concello de Touro, é coñecido popularmente como fervenza das Hortas, collendo o tpónimo do lugar no que se atopa.
Pero ademais recibe tamén o nome de fervenza de Santa Marta, por unha lenda que ten asociada a esa santa. Contan que unha moza que adoitaba ir moer ao muíño que hai nese lugar quedou embarazada do seu noivo e este, ao enterarse, rexeitouna e tentou asasinala tirándoa dende o alto da fervenza. Mentres caía, ela exclamou ¡Santa Marta me vaia! e nese momento un carballo amortiguo a súa caída salvándolle a vida.
A maneira máis doada e curta para chegar ata a ela é dende o lugar das Hortas. No centro deste núcleo atoparemos un panel informativo. A partir de aí seguiremos a pé para baixar, durante 400 metros, por un camiño ben acondicionado e pouco esixente que nos levará ata o pé desta fervenza que cae dende unha altura aproximada duns 20 metros.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.