AO PÉ DO CASTELO DE MONTERREAL

Paseos
1139
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Baiona (Santa María)

Lugar: Baiona

Baiona - Pontevedra

Coordenadas:
42º 07' 29.8" N - 8º 51' 05.5" W

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

O Paseo

Ao pé do castelo de Monterreal

Recreo do Conde de Gondomar

Este paseo iníciase na praia da Cuncheira e bordea o castelo de Monterreal ou do monte Boi, construído entre os séculos XII-XVI e convertido agora en Parador Nacional

Esta fortaleza aínda mantén tres torres de vixiancia: a Torre do Reloxo, que servía para dar a alarma en caso de ataque inimigo; a Torre da Tenaza, cuxo cometido era defender o porto mediante as baterías de tiro e a Torre do Príncipe, que actuaba como faro para os navíos. Aos poucos metros de comezar a nosa ruta atopámonos cun antigo viveiro de langostas que funcionou ata os anos 70 do século XX e que hoxe foi convertido nun Talaso ao aire libre. 

É un paseo curto e sen dificultade, o que nos permite realizalo sen deixar de desfrutar das privilexiadas vistas sobre o Atlántico e as Illas Cíes, que forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

Características

Lonxitude: 2 km
Punto de Inicio: Praia da Cuncheira 42° 7'2 .88"N / 8°51'5.53"O
Punto de Fin: Praia da Cuncheira 42° 7’29.88”N / 8°51’5.53 O.
Paseo Circular

Tipo

Ollando o mar

Tamén che pode interesar

Data de recollida inicial: 09/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!