Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: DA PRAIA DE MONTALBO Á DE MAGOR&body=Recoméndoche que leas a información DA PRAIA DE MONTALBO Á DE MAGOR extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210510000220/da-praia-de-montalbo-a-de-magor?langId=gl_ES
Da praia de Montalbo á de Magor
O sol do Salnés
No concello de Sanxenxo, xunto á praia de Montalbo, atopamos o punto de partida desta ruta. Dirixirémonos en primeiro lugar cara a punta Montalbo que, cos seus 57 m de altura sobre o mar, convértese nun lugar de excepción dende o que contemplar gran parte da ría de Pontevedra así como as Illas Cíes, cabo Home e ata cabo Silleiro.
Dende aquí o sendeiro levaranos primeiro ata a praia nudista de Bascuas e despois ata a de Pragueira. Poderemos agora separarnos un pouco da liña de costa para achegarnos ata un miradoiro próximo para observar as Illas Ons situadas xusto fronte a nós e que, ao igual que as Illas Cíes, forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.
Para rematar o noso paseo continuaremos ata a praia de Magor, que limita na súa marxe esquerda con punta Faxilda e conta cun complexo dunar protexido por unha pasarela de madeira que nos facilitará o paseo ata o final deste areal.
Praia
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.